Tanto Nos Ten leva máis de 15 años formando parte da escena musical galega e presente en moitos dos festivais da Galiza e Portugal. Os músicos de Tanto nos Ten utilizan con mestría as voces e os instrumentos tradicionais como a gaita, o clarinete, o acordeón, o tamboril, o bombo con pratos, a pandeireta ou as cunchas, instrumentos aos que fan falar co seu propio e festivo linguaxe. O grupo utiliza no seu repertorio músicas e letras propias que reflicten na súa implicación coas problemáticas sociais, músicas de saber popular, retranqueiras e de escarnio que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que eles chaman “música tradicional furtiva”. Tanto nos ten converte nunha auténtica festa cada unha das súas intervencións.